O Concello adquire maquinaria para manter áreas rurais e zonas verdes

O Concello adquire maquinaria para manter áreas rurais e zonas verdes

Decembro 28/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón recibiu da Deputación de Lugo unha axuda de 57.000 euros para renovar a súa maquinaria de mantemento das áreas rurais e zonas verdes do municipio.

Con este apoio, o Concello puido adquirir un tractor de segunda man, unha máquina rozadora e diversos aparellos de uso manual: sete rozadoras, tres motoserras, unha podadora en altura, un soprador, unha hidrolimpadora e un cortacéspede.

O alcalde Xosé Lois Maceda apuntou que a adquisición deste material permitirá ao Concello "seguir  traballando no compromiso coa prevención de lumes forestais, así como no mantemento dos accesos aos núcleos rurais".

O rexedor engadiu que a extensión e a dispersión poboacional do municipio "requiren un gran esforzo en traballos de mantemento e adecentamento".


De esq. a der., o alcalde Xosé Lois Maceda; a deputada provincial de Medio Rural, Mónica Freire; e o concelleiro Ricardo Rodicio na área recreativa de Samugueiros na Pobra do Brollón

 



RELATED POSTS