O concello da Pobra do Brollón conta cun albergue provisional solidario

O concello da Pobra do Brollón conta cun albergue provisional solidario

Agosto 25/concello/Xeral

O concello da Pobra do Brollón segue desenvolvendo iniciativas para potenciar e dinamizar os recursos turísticos cos que conta. A última medida é a posta en marcha dun albergue para peregrinos co obxectivo de  crear servizos no concello como etapa dentro do Camiño de Inverno.

O equipo de goberno quere posicionar a Pobra do Brollón como final de etapa do Camiño e que os peregrinos poidan quedar a durmir no concello, abrindo a posibilidade de cear e almorzar. A intención é que o peregrino faga o maior gasto posible no concello. Desde o concello tomouse esta decisión ao non haber na capitalidade municipal ningún hostal e co obxectivo de poder dar servizo ao peregrino. Segundo apunta o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, no momento que se abra alguna empresa privada que preste este servizo, o concello deixa de ofrecelo, “facémolo agora puntualmente para cubrir este baleiro”.

Este albergue provisional solidario, ubicado nunha sala do pavillón deportivo, púxose en marcha en canto se contou co documento de cambio de uso da instalación e xa recibiu peregrinos. A sala na que se da o servizo de albergue conta con 6 literas, 12 prazas, ofrece servizo duchas, roupa de cama e sacos de durmir. A utilización destas instalacións non ten custe para os peregrinos.

Para poder durmir no albergue da Pobra do Brollón é necesario chamar ao 666 43 58 32.

 

 

 

 

 

 

 

 



RELATED POSTS


Outras Novas