O concello da Pobra do Brollón facilita transporte a@s veciñ@s para as visitas turísticas

O concello da Pobra do Brollón facilita transporte a@s veciñ@s para as visitas turísticas

Xullo 18/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón quere facilitar que tod@s @s seus/súas veciñ@s, ademais d@s turistas, poidan realizar calquera das cinco visitas guiadas que organiza este verán: Cova das Choias, Castro de San Lourenzo, a fuxida dun guerrilleiro, un paseo polos tempos de María Castaña e os domingos de Vilachá.

“Entendemos que temos moit@s veciñ@s que por cuestión de idade non se poden desprazar en vehículo propio para facer as visitas”, sinala Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón, “deste modo, facilitámoslles que poidan desprazarse ata os puntos de inicio das diferentes actividades”.

Por cuestións loxísticas, o instrumento perfecto para canalizar este servizo son as Asociacións de Veciñ@s das parroquias. “Temos unha poboación moi dispersa en 22 parroquias. A idea sería que calquera Asociación nos contacte e concerte unha ou varias das visitas para @s veciñ@s”.

O transporte realizarase nas furgonetas alugadas polo Concello para o campo de traballo que se celebrará no Castro de San Lourenzo no mes de agosto. “Estas furgonetas de 9 prazas, poden aproveitarse para dar un servizo municipal a tod@s @s veciñ@s”. É recomendable que as reservas de transporte se fagan nesta segunda metade de xullo, antes de que comece o campo de traballo de agosto.

O servizo dispón dun total de 16 prazas e para facer as reservas débese chamar ao 666 435 832.



RELATED POSTS