O programa ‘Coidados porta a porta’ chega á Pobra do Brollón a finais de setembro

Mensaxe de erro

  • Notice: Undefined index: und en include() (línea 31 de /var/www/clients/client1/web1/web/sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).
  • Notice: Undefined index: und en include() (línea 43 de /var/www/clients/client1/web1/web/sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).
  • Notice: Undefined index: und en include() (línea 43 de /var/www/clients/client1/web1/web/sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).

O programa ‘Coidados porta a porta’ chega á Pobra do Brollón a finais de setembro

16 Setembro 2022/concello/Xeral

‘Coidados porta a porta’ é un programa que pon en marcha a Xunta de Galicia para ofrecer consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos.

Para ofrecer o servizo, instalarase un bus varios días na Pobra do Brollón, con profesionais de cada especialidade.

O bus estará na área recreativa Samugueiros o xoves 29 e venres 30 de setembro, e luns 3 de outubro, en horario de 9:00 a 20:00h. Ademais, o luns 3 ás 11:00 haberá unha charla sobre envellecemento activo na Casa da Cultura 'Olga Novo'.

Quen desexe usar o servizo, debe solicitar cita previa no teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Detalles sobre cada servizo:

  • Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
  • Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
  • Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

Descarga o tríptico sobre 'Coidados porta a porta'



RELACIONADO