O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias

O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias

Xaneiro 05/concello/Xeral

No mes de xaneiro e febreiro o punto limpo móbil continúa o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón:

Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes:

- Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.)

- Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos

- Aceite usado de cociña

- Pilas, baterías e acumuladores

- Lámpadas de baixo consumo e fluorescentes

- Envases baleiros de pinturas

- Tóners e cartuchos de impresoras

O punto limpo móbil ten por obxectivo facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos como parte do programa do Concello da Pobra do Brollón ‘Menos residuos, máis vida’. Realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder. Consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes, que posteriormente trasládanse ao punto limpo da Pobra para a súa xestión.



RELATED POSTS