O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias

O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias

Agosto 16/concello/Xeral

ACTUALIZACIÓN: Paradas en setembro

  • Pinel: do 30 agosto ao 1 setembro
  • Abrence: do 2 ao 5 de setembro
  • Cereixa: do 6 ao 9 de setembro
  • Fornelas: do 10 ao 12 de setembro

O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias para axudar aos veciños e veciñas a reciclar e separar pequenos residuos contaminantes. 

A partir de luns 16 estará en Barxa de Lor, onde estará ata o mércores 18.

Despois estará na Estación (do xoves 19 ao domingo 22), en Vilachá (do luns 23 ao mércores 25), e en Liñares (do 26 ao 29 de agosto). Iranse comunicando as sucesivas paradas na web e redes sociais do Concello.

Os refugallos que se poden depositar no Punto Limpo Móbil son os seguintes:

  • Pilas 
  • Medicamentos e os seus envases
  • Lámpadas e tubos fluorescentes
  • Aceite de cociña usado
  • Envases baleiros de pinturas e/ou vernices 
  • Tóners e cartuchos de impresora
  • Aerosois

Pregamos que se procure manter o Punto Limpo Móbil en boas condicións para que toda a comunidade do concello poida facer uso del. 



RELATED POSTS