O Punto Limpo Móbil reinicia o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón

O Punto Limpo Móbil reinicia o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón

Novembro 20/concello/Xeral

Tras pasar por tódalas parroquias da Pobra do Brollón, o Punto Limpo Móbil reinicia o seu percorrido para facilitar a reciclaxe e depósito seguro de residuos contaminantes.

Actualmente atópase xunto ao local multiusos de Salcedo. O luns 23 trasladarase a Lamaigrexa (xunto ao local social) e a partir do venres 27 estará no campo da festa de Castroncelos.

Publicaranse nesta web e nas redes sociais do Concello da Pobra do Brollón as paradas de cada mes. 

O punto limpo móbil consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes, que despois trasládanse ao punto limpo da Pobra para a súa xestión.

Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes:

- Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.)

- Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos

- Aceite usado de cociña 

- Pilas, baterías e acumuladores

- Lámpadas de baixo consumo e fluorescentes

- Envases baleiros de pinturas

- Tóners e cartuchos de impresoras

A iniciativa forma parte do programa ‘Menos residuos, máis vida’ do Concello da Pobra do Brollón. Realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder. 



RELATED POSTS