O punto limpo móbil retoma o seu percorrido polas parroquias

O punto limpo móbil retoma o seu percorrido polas parroquias

Maio 27/concello/Xeral

A partir do próximo luns o punto limpo móbil volve percorrer as parroquias da Pobra do Brollón, tras a suspensión do servicio por mor da crise do coronavirus. 

O percorrido retómase en Pinel, onde estará aparcado xunto á igrexa dende o luns 1 de xuño ata o mércores 3. Despois estará en Abrence de xoves 4 a domingo 7. As seguintes datas serán:

  • Cereixa (Campo da Festa) de luns 8 a xoves 11
  • Fornelas (Casa do Cura) de venres 12 a domingo 14
  • Eixón (xunto ao local social) de luns 15 a mércores 17
  • Piño (xunto ao local social) de xoves 18 a domingo 21

O punto limpo móbil ten por obxectivo facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos como parte do programa municipal ‘Menos residuos, máis vida’. Realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder. 

Consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes, que posteriormente trasládanse ao punto limpo da Pobra para a súa xestión.

Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes:

- Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.)

- Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos

- Aceite usado de cociña

- Pilas, baterías e acumuladores

- Lámpadas de baixo consumo e fluorescentes

- Envases baleiros de pinturas

- Tóners e cartuchos de impresoras



RELATED POSTS