Abre o prazo para inscribirse nos obradoiros de Nadal na Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro'.
Os obradoiros están dirixidos a nenas e nenos entre 4 e 12 anos. Terán lugar en horario de 10:30 a 13:30 os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro.
Hai un límite de prazas de quince persoas. Terán prioridade as nenas/os empadroadas/os no Concello da Pobra do Brollón.
As inscricións pódense realizar ata o xoves 18 de decembro na Biblioteca municipal no teléfono 982 430 546 (en horario de 10:30 a 13:30).
Recordamos ademais que ata o 19 de decembro continúa aberto o prazo para participar no Certame de Poesía infantil de Nadal.
