Os vales para material escolar pódense recoller a partir do 2 de agosto

Os vales para material escolar pódense recoller a partir do 2 de agosto

Xullo 29/concello/Xeral

Un ano máis, o Concello da Pobra do Brollón ofrece vales para a compra de material escolar a todos os nenos e nenas matriculados no C.E.I.P A Pobra do Brollón. 

A partir do luns 2 de agosto está aberto o prazo para recoller os vales para o vindeiro curso 2021-2022, presentando a carta recibida previamente por correo ordinario.

Os vales entregaranse na Casa do Concello en horario de 9:00 a 12:00 h ata o día 31 de agosto de 2021 e son canxeables na Librería Nuñez da Pobra do Brollón.



RELATED POSTS