Pódese previr o dano cerebral?

Pódese previr o dano cerebral?

Setembro 02/concello/Xeral

O sábado 11 de setembro ás 18:00 terá lugar na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ unha charla sobre prevención do dano cerebral adquirido. 

Será impartida por Carla Miranda, traballadora social da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE).

Esta actividade informativa centrarase na prevención dos traumatismos cranioencefálicos provocados por accidentes de tráfico, golpes, contusións e caídas. 

Tamén se falará sobre o ictus e como previr o dano cerebral adquirido con exercicio físico e outros hábitos saudables.

A charla está dirixida ao público xeral, incluídos peregrinos e peregrinas, e persoas encargadas da súa atención e recepción.

Esta charla inclúese dentro do proxecto 'Camiñando polo dano cerebral', impulsado por FEGADACE no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022. Conta coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón.



RELATED POSTS