Participa no concurso de fotos #EnredandoNosCantos

concurso fotos cantos de taberna a pobra do brollón

Participa no concurso de fotos #EnredandoNosCantos

05 Decembro 2019/concello/Xeral

Con motivo da IX edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón, convocamos nas redes sociais do Concello o concurso de fotos ‘Enredando nos Cantos’.

Participar é moi sinxelo. Hai que subir unha foto quitada o sábado 7 nos Cantos de Taberna á túa conta de Facebook, Twitter ou Instagram. É imprescindible usar o hashtag #EnredandoNosCantos e mencionar a algún perfil do Concello da Pobra do Brollón: Facebook (@APobradoBrollon), Twitter (@APobra) ou Instagram (@guimaralia).

O concurso está aberto a todo o mundo, pero é requisito ser seguidor/seguidora do perfil do Concello da rede social pola que mandes a foto. 

Lembra que para que poidamos ver a publicación, esta debe ser pública. Se non é pública, hai que mandar a foto por mensaxe directa ao perfil do Concello da rede social que uses.

Os participantes conservarán os seus dereitos sobre as fotografías, reservándose o Concello da Pobra do Brollón o seu uso mencionando a autoría das mesmas.

As fotos deben ser enviadas antes das 23:00 do martes 10. Un xurado elixirá a mellor foto. Valorará sobre todo a orixinalidade e que reflicte o carácter lúdico e social dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón.

Anunciaremos a foto gañadora o xoves 12 nas nosas redes sociais. Tamén contactaremos por mensaxe directa co autor ou autora. 

O autor ou autora da foto gañadora recibirá un vale para un circuíto termal e unha noite para dúas persoas no Hotel Oca Augas Santas de Ferreira de Pantón. O vale debe usarse antes do 31 de xaneiro. 

Nota importante: O participante garante que as persoas que aparecen nas fotografías presentadas deron o consentimento á súa publicación nas páxinas do concurso e que conta así mesmo coa autorización do pai, nai ou titor dos menores de idade que poidan aparecer fotografados.



RELACIONADO