As persoas que cheguen a Galicia desde unha zona con alta incidencia epidemiolóxica terán que proporcionar os seus datos de contacto a Sanidade

As persoas que cheguen a Galicia desde unha zona con alta incidencia epidemiolóxica terán que proporcionar os seus datos de contacto a Sanidade

Xullo 28/concello/Xeral

PREME AQUÍ PARA VER A LISTA ACTUALIZADA DE PAÍSES E CCAA

Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3’5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na nosa comunidade ou non. 

Deste xeito, Sanidade procura acadar un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus para protexer a saúde dos cidadáns.

Os viaxeiros terán un tempo de 24 horas desde a súa chegada a Galicia para comunicar os seus datos de contacto, un trámite que terá que realizar cada un dos viaxeiros.

A Consellería de Sanidade publicou esta mañá no DOG a lista de países e Comunidades Autónomas que requiran desta obriga. A lista actualizarase quincenalmente, segundo sexa a evolución epidemilóxica.

Actualmente, a lista inclúe as Comunidades Autónomas de Madrid, Aragón, Cataluña, Navarra e País Vasco. Tamén inclúe a tódolos países do continente africano, a maioría de países do continente americano, a gran número de países asiáticos e algúns países europeos. 

Modos de proporcionar a información

Para facilitar a información, os viaxeiros poderán cubrir o formulario que estará dispoñible na web https://www.sergas.es/A-nosa-organizacion/Benvida-viaxeirxs ou subministrar os datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. 

A todos os viaxeiros facilitaráselles un contacto por se tivesen algún tipo de sintomatoloxía. Tamén se lles proporcionará información e recomendacións sanitarias e poderán adoptarse as medidas de seguimento, recoñecemento e control que se consideren necesarias. 

Cómpre destacar que a atención que se considere necesaria polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, non terán custo para as persoas que a precisen.

Os establecementos de aloxamento turístico estarán obrigados a informar desta medida aos seus clientes; así como os responsables de axencias de viaxe, operadores turísticos, compañías de transporte aéreo ou marítimo e outros axentes similares ao inicio do proceso de venda dos billetes. Así mesmo deberán facelo ás empresas, que despracen aos seus traballadores por motivos laborais.

 



RELATED POSTS