A Pobra do Brollón comprou un edificio para habilitalo como albergue de peregrinos

A Pobra do Brollón comprou un edificio para habilitalo como albergue de peregrinos

30 Outubro 2020/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón acaba de adquirir un edificio para acondicionar un albergue de peregrinos. Trala aprobación no pleno municipal o pasado venres da proposta de compra, esta formalizouse a principios desta semana. Os fondos da adquisición proceden dunha subvención da Xunta de Galicia. 

O edificio está situado na Praza da Condesa no centro da capitalidade da Pobra do Brollón, a escasos metros do Camiño do Inverno. 

“O proxecto do albergue permítenos reforzar a economía local a través do turismo dotando de infraestrutura necesaria para o camiño,” declarou o alcalde Xosé Lois Maceda. 

Ademais comentou que a localización do futuro albergue forma parte dunha “estratexia a longo prazo de revalorizar e embelecer o centro histórico” da localidade. 

Actualmente o albergue máis próximo no Camiño de Inverno está en Quiroga, a aproximadamente 22 quilómetros da Pobra do Brollón. O proxecto de albergue pretende cubrir un baleiro de infraestruturas no camiño, que polo de agora sorteouse cun albergue solidario provisional instalado dende 2018 no polideportivo municipal. 


De esq a der, o concelleiro Ricardo Rodicio, o alcalde Xosé Lois Maceda e o arquitecto municipal Xosé Lois López nunha visita ao edificio

 



RELACIONADO