A Pobra do Brollón firma un convenio coa Unidade de Atención Temperá de Quiroga

A Pobra do Brollón firma un convenio coa Unidade de Atención Temperá de Quiroga

Decembro 02/concello/Xeral

A Unidade de Atención Temperá, situada en Quiroga, serve para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento que poidan sufrir os nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade. 

O Concello da Pobra do Brollón asinou un convenio coa Unidade para poder ofrecer este servizo aos nenos e nenas residentes no noso municipio. 

Xeralmente, as derivacións prodúcense a través de pediatría do Sergas, pero poden solicitar o servizo os centros educativos, Servizos Sociais ou as propias familias en caso de detectar calquera necesidade.

Trátase dun servizo gratuíto para todas as nenas e nenos. Na Unidade traballan profesionais da psicoloxía, da logopedia, da fisioterapia e da terapia ocupacional. 

A semana pasada, o psicólogo da Unidade de Atención Temperá reuniuse con responsables do CEIP da Pobra do Brollón e da casa niño Xoaniñas, en Piño, para comentar o servizo. Á reunión tamén acudiu persoal dos Servizos Sociais municipais.


Reunión no CEIP A Pobra do Brollón co psicólogo da Unidade de Atención Temperá de Quiroga
Na foto de arriba, na casa niño Xoaniñas, parroquia de Piño

 



RELATED POSTS