A Pobra do Brollón pasa ao nivel de restrición alta

A Pobra do Brollón pasa ao nivel de restrición alta

Abril 02/concello/Xeral

Segundo datos recibidos esta mañá do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, hai no municipio 12 casos activos de Covid-19, ligados ao gromo do que informamos ao principio de semana.

Dende hoxe venres 2 de abril, A Pobra do Brollón pasa ao nivel de restrición alta. Entre outras medidas:

Xuntanzas de carácter familiar e social:

  • Limítanse os grupos de persoas non-conviventes a un máximo de catro persoas, en espazos pechados de uso público, ou de seis persoas en espazos de uso público ao aire libre.
  • En espazos de uso privado, tanto en interior como en exterior, só poden xuntarse persoas conviventes.

Hostalería:

  • Non está permitido o consumo no interior.
  • Nas terrazas ao aire libre:Limitación ao 50% das mesas permitidas.
  • A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
  • Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo
  • Horario do peche ao público: 21:00 horas. Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 21:30 horas. Permítese a entrega a domicilio ata as 24:00 horas.

Consulta a lista completa de medidas na páxina web do Sergas.



RELATED POSTS