Reintegrarase ao alumnado da Escola municipal de Música parte do pago da matrícula

Reintegrarase ao alumnado da Escola municipal de Música parte do pago da matrícula

Xuño 26/concello/Xeral

O alumnado da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ poderá recibir a parte proporcional do pago das clases que se tiveron que suspender a causa do Covid-19.

A Escola pechou o 13 de marzo, en canto se activou a situación de emerxencia sanitaria en Galicia.

Os e as alumnas poderán pasar polas oficinas do Concello da Pobra do Brollón entre o 1 e o 20 de xullo, en horario de 9:00 a 13:00 para a devolución de parte da matrícula. 

Deberán presentar un documento de identidade e o reintegro será en efectivo. Para dúbidas pódese contactar no teléfono 982 430 001.



RELATED POSTS