Resoltos os Certames de Poesía e Postais de Nadal

Resoltos os Certames de Poesía e Postais de Nadal

05 Xaneiro 2022/concello/Xeral

Os Certames infantís de Poesía e Postais de Nadal que organiza a Biblioteca municipal da Pobra do Brollón xa están resoltos. Tras a deliberación do xurado o martes 4 de xaneiro, xa podemos anunciar as obras gañadoras de ambos concursos. Os nenos e nenas gañadores serán obsequiados cun premio.

Consulta a relación de gañadores do Certame de Poesía neste enlace e do Certame de Postais neste outro enlace. As fotos das obras publicaranse nos perfís de Facebook e de Instagram do Concello da Pobra do Brollón.



RELACIONADO