Sesión formativa sobre eficiencia enerxética este venres 13

Sesión formativa sobre eficiencia enerxética este venres 13

09 Xaneiro 2023/concello/Xeral

Este venres 13 de 10:00 a 11.30 horas na Casa de Cultura 'Olga Novo', terá lugar unha sesión formativa con Naturgy sobre eficiencia enerxética.

Trataranse os seguintes asuntos:

  • Comprensión da factura da luz e gas, así como a súa optimización segundo as necesidades de cada familia.
  • Pequenos cambios nas vivendas para obter un aforro enerxético (no caso da luz, reducir a potencia contratada).
  • Pautas de comportamento para aforrar no consumo do fogar.
  • Bono social e outras axudas.



RELACIONADO