A terceira edición de Brindadeira celébrase en Ferreiros o 19 e 20 de xullo

A terceira edición de Brindadeira celébrase en Ferreiros o 19 e 20 de xullo

14 Xullo 2025/concello/Cultura

A fin de semana do 19 e 20 de xullo, revivirán os brindos en Ferreiros na 3ª edición de Brindadeira.

Un festival que xurdiu para recuperar e traer á contemporaneidade a tradición dos brindos, un xénero de improvisación oral cantada propio das terras guímaras.

O sábado 19, ademais do obradoiro de brindos co colectivo Erre que Erre e espectáculo de improvisación, haberá música da man dos Cantareiros de Cántigas e Frores e de La Sincereza DJ.

O domingo, as veciñas e brindeiras levaránnos a unha andaina por Ferreiros que rematará coa I Cata de tortillas 'Brindadeira'.

Toda a programación terá lugar no local social e campo da festa de Ferreiros.



RELACIONADO