Un novo obradoiro de teatro con Merche Pérez comezará en setembro

Un novo obradoiro de teatro con Merche Pérez comezará en setembro

29 Agosto 2023/concello/Cultura

Queres mergullarte no mundo do teatro? Xa está aberto o prazo de matrícula no novo obradoiro de teatro para a mocidade con Merche Pérez.

O obradoiro terá lugar os luns e mércores dende o 4 de setembro ata o 20 de decembro, co seguinte horario:

  • Grupo Educación Infantil (de 4 a 6 anos): De 16:00 a 17:00
  • Grupo Educación Primaria (de 7 a 11 anos): De 17:00 a 18:00
  • Grupo Educación Secundaria (de 12 a 17 anos): De 18:00 a 19:30

O obradoiro desenvolverase no Pavillón municipal. As prazas son limitadas. As inscricións realízanse na Biblioteca municipal en horario de 10:30 a 13:00 por teléfono (982430546) ou presencialmente (Casa da Cultura 'Olga Novo', 2ª planta).

O obradoiro de teatro "Mundo Rural Mundo Cultural" é unha actividade de balde que conta con financiamento da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello da Pobra do Brollón.



RELACIONADO