Unha cea para mulleres coa que celebrar o 8M

Unha cea para mulleres coa que celebrar o 8M

29 Febreiro 2020/concello/Xeral

Para celebrar o Día Internacional da Muller, o Concello da Pobra do Brollón organiza unha cea na noite previa, a do sábado 7 de marzo, coa intención de crear un espazo de unión e sororidade entre mulleres. 

A cea proposta é no restaurante 1º de Maio, na capitalidade da Pobra, o día 7 ás 21:00 horas. O menú ten un custo de 16,50€ e consistirá en entrantes, troitas e carne asada, ademais de sobremesa, bebida e café. As asistentes recibirán un agasallo por xentileza do Concello. 

As interesadas deben anotarse antes do xoves 5 na Biblioteca municipal (982 430 546), realizando o pago no momento da inscrición.

Aínda que xa se viña celebrando dende anos atrás, o Día Internacional da Muller foi consolidada na data do 8 de Marzo pola ONU en 1975. Dende entón, ese día persoas de todo o mundo únense para reivindicar a igualdade de xénero e a erradicación do machismo.



RELACIONADO