VI Feira Medieval Guímara

VI Feira Medieval Guímara

Xuño 19/concello/Xeral

O concello da Pobra do Brollón celebra o sábado, 13 de xullo, a VI edición da Feira Medieval Guímara; acto en lembranza da revolta desenvolta pol@s veciñ@s da Pobra contra o Conde de Lemos cando quixo cobrar impostos a este territorio, sen ningún tipo de dereito sobre el. Cóntase que os homes e mulleres de Brollón resistiron ás tropas do Conde, que finalmente derrotou aos veciñ@s. Despois deste feito os habitantes da Pobra do Brollón foron chamados Guímaros, que significa: rudos, valentes e desconfiados.

Durante a xornada contarase con pregón, representación da revolta, diferentes demostracións e actuacións musicais, ademais do tradicional xantar popular. A axenda completa da Guímara darase a coñecer nos próximos días nesta web.

Desde o concello convídase a veciñ@s e visitantes a participar desta cita.



RELATED POSTS