Xornadas sobre aproveitamentos do monte en Parada dos Montes

Xornadas sobre aproveitamentos do monte en Parada dos Montes

Setembro 29/concello/Xeral

A fin de semana do 22 ao 24 de outubro (venres á tarde, sábado todo o día e domingo á mañá) celébranse en Parada dos Montes unhas xornadas sobre experiencias de éxitos e fracasos en aproveitamentos ‘diferentes’ do monte. 

Ademais de charlas con expertos en diversos temas, haberá unha demostración dun serradoiro móbil e unha visita ao Monte Carballo de Friol.

A asistencia é gratuíta, pero cómpre inscribirse previamente escribindo a marcos.ferreira@sistemasea.gal ou no teléfono 687 870 862.

A continuación compartimos o programa completo e o cartel das xornadas.

 



RELATED POSTS