Xuventude Crea

Xuventude Crea

Setembro 10/concello/Cultura

O obxectivo de Xuventude Crea é facilitar vías de expresión para que os mozos e mozas poidan manifestar a súas inquedanzas artísticas. Poden participar os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2018. Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.

Este certame da Dirección Xeral de Xuventude inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias, cociña e skate.

Os premios que se establecen por categoría son:

  • 1º premio de 3.000 €
  • 2º premio de 1.500 €
  • 3º premio de 1.000 €.


RELATED POSTS