A partir do luns 21 amplíase o horario para matricularse na Escola de Música Samoeiro

A partir do luns 21 amplíase o horario para matricularse na Escola de Música Samoeiro

18 September 2020/concello/Cultura

A partir do luns 21 de setembro, amplíase o horario de matrícula na Escola de Música Municipal 'Samoeiro' para o curso 2020-2021.

Ademais do horario de mañá de 11:00 a 13:30, haberá un horario de tarde, de 16:00 a 18:30. O prazo remata o día 28 de setembro, inclusive.

Ofrécense as seguintes materias: 

  • baile tradicional
  • percusión tradicional
  • gaita
  • coro e formación vocal
  • frauta de pico, traveseira, requinta e frautín 
  • acordeón 
  • piano
  • iniciación musical, música e movemento e linguaxe musical (de 5 a 12 anos) 

Na maioría das materias faranse grupos para adultos e nenxs.

Na Escola de Música poden matricularse tanto persoas residentes na Pobra do Brollón como doutros concellos.

O prezo anual da matrícula nunha materia son 90€. Para cada materia adicional, son 45€. 

Ofrécese un prezo reducido para membros da mesma unidade familiar de 75€ a matrícula anual e 35€ por cada materia adicional. Enténdese por unidade familiar a formada exclusivamente por unha parella ou os fillos de calquera deles que figuren empadroados no mesmo domicilio.

Con ou sen prezo reducido, existe a posibilidade de fraccionar o pago.

Este curso, debido ao protocolo polo COVID-19, é obrigatoria a domiciliación bancaria da cota. A tal fin hai que achegar, xunto á solicitude, un número de conta bancaria.

A matrícula faise de xeito presencial na biblioteca municipal sita na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (2º andar), de luns a venres en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:30. Para máis información, poden chamar nese horario no teléfono 982 430 546.

As clases desenvolveranse seguindo o protocolo recomendado de seguridade e hixiene.



RELACIONADO