Celebramos o Orgullo Guímaro o venres 27 de xuño

Celebramos o Orgullo Guímaro o venres 27 de xuño

17 June 2025/concello/Cultura

Na Pobra do Brollón adiantámonos un día á celebración do Orgullo LGTBIQ+ marcada no calendario internacional para o 28 de xuño.

O venres 27 de xuño celebraremos as referentes do colectivo na literatura e no contexto rural, a través da exposición 'Saír da norma' e mais cunha mesa redonda baixo o título 'Desviar as letras, diversificar a memoria' e a moderación de Branca Albán.

Os actos rematarán co recital poético-musical 'Os nomes íntimos', da man de Lucía Aldao e Samuel Merino. 

O evento comeza ás 20:00 horas na Casa da Cultura 'Olga Novo', A Pobra do Brollón. Entrada libre.

 



RELACIONADO