Celebramos el Orgullo Guímaro el viernes 27 de junio

Celebramos el Orgullo Guímaro el viernes 27 de junio

17 Junio 2025/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón adiántase un día á celebración do Orgullo LGTBIQ+ marcada no calendario internacional para o 28 de xuño.

A celebración do Orgullo guímaro comezará ás 20:00 horas do venres 27 de xuño coa inauguración da exposición 'Saír da norma', que afondará no concepto de diversidade sexual e de xénero e dará a coñecer persoas referentes no panorama galego actual.

Deseguido, comezará a mesa redonda 'Desviar as letras, diversificar a memoria', moderada por Branca Albán (Coop. Outonía). Nela confluirán diversas voces en torno á importancia de visibilizar ao colectivo LGBTIQ+ nas ruralidades a través das diversas manifestacións artísticas. Na mesa intervirán a poeta e música Lucía Aldao, o poeta Samuel Merino, a libreira Ánxela Sánchez (EntreLibros) e a ilustradora Paula Dacal.

Os actos rematarán co recital poético-musical 'Os nomes íntimos', da man de Lucía Aldao e Samuel Merino. 

O evento desenvolverase na Casa da Cultura 'Olga Novo', A Pobra do Brollón, e o acceso é libre.

 



RELACIONADO