Xa se poden recoller os vales para a compra de material escolar

vales material escolar colexio A Pobra do Brollón

Xa se poden recoller os vales para a compra de material escolar

19 August 2019/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón ofrece vales para a compra de material escolar a todos os nenos e nenas matriculados no C.E.I.P A Pobra do Brollón. 

Un ano máis, as familias recibirán un vale de 75€ por cada pequeno da casa que vaia a cursar os seus estudos escolares no curso 2019-2020 na Pobra. 

A partir de hoxe, os destinatarios xa poden recoller os vales no Concello da Pobra do Brollón presentando a notificación recibida previamente por correo ordinario. A data límite para trocar os vales é o día 4 de setembro.

Os bonos son válidos para trocar por material escolar – como libros de texto ou papelaría necesaria para o curso – por valor de 75€. Son en total cerca de 3.000€ que destina o Concello a este fin.

Recordamos que o horario de atención ao público no Concello é de luns a venres, de 9 a 14:00. 



RELACIONADO