Los días 14 e 15 de septiembre pasa por nuestro municipio la XXIV Volta Ciclista a Galicia

Los días 14 e 15 de septiembre pasa por nuestro municipio la XXIV Volta Ciclista a Galicia

12 Septiembre 2023/concello/Xeral

Este xoves 14 e venres 15 de setembro pasa polo noso Concello a XXIV Volta Ciclista a Galicia.

Por este motivo algunhas poboacións do noso concello veranse afectadas por cortes de tráfico para o paso dos ciclistas.

Pedimos a vosa colaboración a fin de que a proba transcorra de forma satisfactoria.

Nas zonas afectadas pedimos:

  • Non deixar os vehículos nas beirarrúas
  • Evitar no posible, circular polas vías afectadas
  • Manter as mascotas encerradas
  • A ser posible, circular por vías alternativas

A continuación detallamos os horarios aproximados de peche así como as poboacións afectadas:

XOVES 14 DE SETEMBRO.-.1º ETAPA.-. ETAPA CONTRA RELOXO

Saída de Avda de Galicia ás 18:00 dirección A Pousa (Saa) desde onde se dirixen a Ferreiros pola estrada local cara o alto de Santa Lucía para tornar á Pobra pola estrada LU-653.

A hora estimada de chegada á meta do último corredor é ás 20:30 horas.

En esta etapa os veciños directamente afectados son:

Veciños de SAA, SANTO ADRIÁN, COVADELAS, PENADEXO, A VENEIRA, FORGAS, LEBRÓN, O BUSTO, CASTROSANTE e A POBRA DO BROLLÓN.

VENRES 15 DE SETEMBRO.-. 2º ETAPA

Saída de Avda de Galicia ás 12:00 dirección A Estación pola Avda de Outeiro.

Volven aproximadamente ás 13:15 pasando pola LU-652 para chegar á Cereixa e seguen pola LU-P-4713 cara á meta volante na Avda de Galicia (13:52); o percorrido segue para O Incio pola LU-653.

Á volta pola LU-653 dende Hospital do Incio, chegarán á meta en Avda de Galicia ás 15:30 aproximadamente.

En esta etapa os veciños directamente afectados son:

Veciños de A POBRA DO BROLLÓN, en especial, Avda de Galicia e Avda de Outeiro, CASTROSANTE, A FERREIRÚA, FERREIROS, PACIOS, ÓUTARA e BIDUEDO.



RELACIONADO