Información sobre la gestión de la biomasa

Información sobre la gestión de la biomasa

07 Abril 2026/concello/Xeral

O Concello quere lembrar a toda a veciñanza a importancia de respectar as distancias das plantacións, manter o monte limpo e a responsabilidade de cada quen coas súas propiedades, en cumprimento da Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os incendios Forestais en Galicia, da Xunta de Galicia.

A mencionada lei establece no seu artigo 22.1 que as persoas que resulten responsables como titulares/propietarios de solares ou parcelas situadas en solo urbano, urbanizable e núcleo rural, procederán á execución da xestión da biomasa, incluída de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. 

  • Será obrigatorio para os propietarios e usufructuarios titulares de terreos xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais, sitas a menos de 400 metros do monte e tamén ao redor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

  • Na mesma franxa de protección, non poderá haber especies sinaladas na disposición adicional terceira da citada Lei que favorezan a propagación do lume como son piñeiros, mimosas, eucaliptos, brecina, carqueixa, acacias, queirugas, fentos, toxos, xestas ou silvas.

No suposto de incumprimento das obrigas citada, cabe a posibilidade de execución subsidiaria por parte do Concello, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionado que corresponda e á imposición de multas coercitivas pola administración competente.

Os danos que se poidan ocasionar nos bens ou propiedades dos lindeiros no caso de verse afectadas por incendios forestais, será responsabilidade dos propietarios dos solares ou parcelas non limpas.

Para dar alarma de incendio forestal compre chamar ao teléfono 085 (chamada gratuíta).



RELACIONADO