Cruz Roja impartirá un curso de primeros auxilios en A Pobra do Brollón

Cruz Roja impartirá un curso de primeros auxilios en A Pobra do Brollón

20 Mayo 2026/concello/Xeral

O vindeiro sábado 13 de xuño terá lugar na Casa da Cultura 'Olga Novo' un curso de primeiros auxilios, impartido por Cruz Roja.

O obxectivo do curso é facilitar as habilidades necesarias para poder facer fronte dun xeito efectivo e seguro ás diversas situacións de urxencia/emerxencia que se poden atopar no seu contexto cotián e laboral. 

O curso durará 5 horas (de 15:30 a 20:30 h). Ten un custo de 15€ por persoa. As prazas son limitadas. É preciso realizar a inscrición na Biblioteca municipal antes do día 9 de xuño ás 13:30h (Casa da Cultura 'Olga Novo', 2ª planta - Tlf. 982 430 546).

Descarga aquí o programa detallado do curso (PDF). 



RELACIONADO