Celebramos las Letras Galegas y a Begoña Caamaño con el nuevo espectáculo de narración oral de Vero Rilo

Celebramos las Letras Galegas y a Begoña Caamaño con el nuevo espectáculo de narración oral de Vero Rilo

12 Mayo 2026/concello/Cultura

Este sábado 16, a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá As Mil e Unha, o novo espectáculo de narración oral de Vero Rilo xunto co músico Luis Iglesias.

O espectáculo busca achegar ao público familiar o universo literario da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño.

Preséntase como un programa de radio en directo que abre unha porta á imaxinación para conectar os mitos clásicos coa realidade contemporánea, seguindo a mirada crítica, feminista e actual que caracterizou a obra de Begoña Caamaño.

O evento, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, será o sábado 16 ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura da Pobra do Brollón, con entrada libre.



RELACIONADO