El 17 de mayo tendrá lugar el acto de descubrimiento de la placa homenaje a los Cómicos de Salcedo

El 17 de mayo tendrá lugar el acto de descubrimiento de la placa homenaje a los Cómicos de Salcedo

12 Mayo 2026/concello/Cultura

O Día das Letras Galegas, domingo 17 de maio, na Casa da Cultura 'Olga Novo', haberá un acto para descubrir a nova placa do salón de actos, que recibe o nome de 'Os Cómicos de Salcedo'.

A proposta do novo nomeamento do salón de actos, presentada polo grupo de goberno da Pobra do Brollón no Pleno municipal o pasado 24 de abril, foi aprobada por unanimidade.

Trátase dun recoñecemento aos veciños Cuco, Justo, Pepiño e Chinco, 'Os Cómicos de Salcedo', que foron parte fundamental do Teatro de Salcedo dende as súas orixes. Unha homenaxe que, segundo indica a concelleira de Cultura Marián Martínez, 'se estende a todos aqueles veciños e veciñas que con talento e compromiso levan ao escenario a emoción, o humor e a autenticidade'.

Na Pobra do Brollón hai unha forte tradición de teatro popular, co teatro do Entroido de Salcedo como eixe e a día de hoxe coa participación da veciñanza de moitas outras parroquias. Esta homenaxe, apunta Martínez, 'vai acompañada do desexo de que esta tradición continúe por moitos anos máis, construíndo identidade colectiva e espírito comunitario'.

O acto de descubrimento da placa será o domingo 17 ás 13:00 horas e contará coa participación de Cuco, Justo, Pepiño e Chinco. O acto é aberto a quen desexe achegarse.



RELACIONADO