Anunciamos a proposta gañadora do 1º Concurso de carteis da Feira Guímara

Anunciamos a proposta gañadora do 1º Concurso de carteis da Feira Guímara

02 Junio 2025/concello/Cultura

Presentamos o cartel gañador do 1º Concurso de Carteis da Feira Guímara.

O artista é Iago López. Veciño de Fornelas, na súa representación da revolta guímara nótase que coñece ben a Feira. O cartel inclúe ademais o lema inspirado pola historia de Lope de Ferreiros, acusado de instigar a sublevación veciñal contra o Conde de Lemos, polo cal como castigo cortóuselle un pé sen que mediase xuízo ningún.

Participaron sete propostas no concurso. En segundo posto quedou a proposta recibida baixo o pseudónimo de 'Sacho' e en terceiro, a de 'Maruxa Castaña II'.

Grazas a todas as persoas participantes e moitos parabéns ao gañador, quen recibirá un premio de 200 euros.

 



RELACIONADO