O sábado 12 de xullo chega a 10ª edición da Feira Guímara. Unha ocasión para celebrar en comunidade o espírito guímaro a partir da conmemoración da revolta popular contra o Conde de Lemos, como tan ben queda reflectido no cartel deseño de Iago López.
Ademais da representación da revolta, como outros anos, ao longo da xornada haberá actuacións musicais, xogos tradicionais, xantar popular, demostración de oficios… Axiña daremos a coñecer todos os detalles da programación.
Informamos de que haberá un espazo para artesanía e produtos locais. As persoas interesadas en poñer un posto poden contactar no teléfono 629 865 663.