Ata o 26 de setembro está aberto o prazo de matrícula para anotarse ás actividades deportivas infantís do novo curso 2025-26.
As actividades – multideporte e fútbol sala – ofrécense entre semana polas tardes á saída do colexio, en horario de 15:45 a 17:45.
Empezan o 1 de outubro e serán no pavillón municipal da Pobra do Brollón.
Os horarios por actividade e curso son os seguintes:
Fútbol sala
Multideporte
É preciso anotarse nas oficinas de Servizos Sociais: Casa da Cultura 'Olga Novo', 1º andar. Teléfonos: 982 430 447 / 609 004 451. Email: educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal
As actividades están financiadas pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade, no marco do Plan Corresponsables.