O Concello da Pobra do Brollón participou no Plan Camiña Rural 2025-2026 (Código procedemento MR701E) cofinanciado con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia regulado mediante Resolución do 30 de decembro de 2024 asinada pola directora xeral de Agader (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro de 2025).
Dito Plan foi aprobado mediante Resolución da Directora Xeral da Axencia de Desenvolvemento Rural (Agader) de data 23 de maio de 2025.
Ao abeiro do Plan, o Concello da Pobra do Brollón executa obras de mellora de camiños de titularidade municipal segundo o proxecto presentado pola entidade promotora para dúas actuacións: unha na estrada de Areas ao Campo (P.K.+0,000 a P.K.+1,660) e outra na estrada de acceso a Barrio (P.K.+0,000 a P.K.+0,597).
A achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para ditas melloras foi de 62.280,00 € e o Concello da Pobra do Brollón achegou 13.078,80 €, sendo o investimento total do Plan Camiña Rural 2025-2026 de 75.358,80€.
