Volven á Pobra do Brollón os talleres de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares.
A actividade será todos os mércores a partir do 7 de xaneiro de 17:00 a 19:00 horas, na Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro'.
Para participar hai que inscribirse nos teléfonos 651043792 ou 900100036, ou no correo electrónico lugo@contraelcancer.es.
É unha actividade organizada pola Asociación Española contra o Cancro en Lugo, coa colabroación do Concello da Pobra do Brollón.
Informamos de que no horario dos talleres a Biblioteca municipal permanecerá pechada.