Convocado el 2º Concurso de Carteles de la Feira do Viño de Vilachá

Convocado el 2º Concurso de Carteles de la Feira do Viño de Vilachá

11 Febrero 2026/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón convoca o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá. O obxectivo é seleccionar o cartel oficial que anuncie a edición XXXIII da Feira, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de maio de 2026.

O premio pretende estimular a creatividade das persoas participantes, sendo o cartel unha peza moi visible en todas as accións de comunicación da Feira do Viño.

Valorarase que os deseños reflictan o espírito da Feira do Viño de Vilachá, que se celebra no icónico conxunto de adegas medievais da Abelaira. A feira caracterízase pola participación de adegas e colleiteiros con viñas nas ribeiras de Vilachá, e coa gran presenza musical grazas á animación ao longo da fin de semana de grupos de cantos de taberna.

Será obrigatorio a inclusión nos deseños do seguinte: (a) XXXIII Feira do Viño de Vilachá, (b) a data de celebración e (c) espazo para os logotipos do Concello e outras entidades colaboradoras, de ser necesario.

O prazo para presentar os deseños remata ás 14:00 horas do día 3 de marzo. Establécese un único premio de 200 euros.

Consulta as bases do concurso neste enlace (PDF).



RELACIONADO