Celebramos el Día da Biblioteca con actividades para público infantil y adulto

Celebramos el Día da Biblioteca con actividades para público infantil y adulto

20 Octubre 2025/concello/Cultura

O Concello da Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con dúas actividades para público adulto e infantil.

O xoves 23 de outubro, Andrea Nunes Brións presentará, acompañada por Alba María e Olga Novo, o seu poemario Mapa da estría, lanzado en xuño deste ano coa editorial Chan da Pólvora.

Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de lingua galega. En Mapa da estría, vai máis alá na poesía de autoficción, nutríndose coas experiencias en distintos territorios do mundo, desde a China e a Guiné Bissau, a Vietnam, India, México ou Italia. No poemario buscou "mapear as diferentes emocións e as feridas que deixan os lugares, os encontros, as linguas e os afectos vividos nos últimos anos", en palabras da autora.

A presentación será o xoves 23 ás 20:00 horas na Casa da Cultura 'Olga Novo', con entrada libre.

O propio Día da Biblioteca, venres 24 ás 18:00 horas, a rapazada entre 4 e 16 anos pode participar nun escape room na Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro'. A biblioteca agocha unha serie de misterios que deberán resolver a través da cooperación e o enxeño para conseguir o obxectivo común. Para esta actividade, do programa da Xunta 'Ler Conta Moito', é preciso anotarse ata o día 22 na Biblioteca municipal no teléfono 982430546.



RELACIONADO