O vindeiro martes 25N ás 12:00h concentrarémonos diante do Concello para ler o manifesto polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Dende a Concellaría de Igualdade anímase a achegarse a quen queira e poida para manifestarmos o noso repudio ante calquera tipo de agresión machista.