O luns 10 de novembro ás 19:00 horas terá lugar a primeira xuntanza do novo Club de Lectura da Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro'.
O club de lectura estará moderado por Sergio Rodríguez González e está aberto a calquera persoa maior de 14 anos.
A primeira proposta de lectura será La casa en Mango Street de Sandra Cisneros.
As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do mediodía do venres 7 de novembro na Biblioteca (982430546).
