Bota a andar un club de lectura na Biblioteca 'Antonio Reboiro'

Bota a andar un club de lectura na Biblioteca 'Antonio Reboiro'

28 Outubro 2025/concello/Cultura

O luns 10 de novembro ás 19:00 horas terá lugar a primeira xuntanza do novo Club de Lectura da Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro'. 

O club de lectura estará moderado por Sergio Rodríguez González e está aberto a calquera persoa maior de 14 anos. 

A primeira proposta de lectura será La casa en Mango Street de Sandra Cisneros. 

As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do mediodía do venres 7 de novembro na Biblioteca (982430546).



RELACIONADO