Se relanza el proceso de creación de una Comunidad Energética en A Pobra do Brollón

Se relanza el proceso de creación de una Comunidad Energética en A Pobra do Brollón

15 Enero 2026/concello/Xeral

O pasado martes 13 acollemos na Casa da Cultura 'Olga Novo' un encontro para relanzar o proceso de creación dunha Comunidade Enerxética na Pobra do Brollón.

A Comunidade Enerxética baséase na enerxía renovable e no autoconsumo colectivo. O obxectivo é transitar cara a un modelo máis sostible, democrático e resiliente que se traduciría nun aforro importante na factura da luz e nunha gran redución da contaminación.

Calquera veciña ou veciño da Pobra do Brollón que estea interesada en formar parte da Comunidade Enerxética pode solicitar máis información contactando con Marián Martínez, Concelleira de Medio Ambiente, no teléfono 629865663.

Esta inciativa realízase no marco do proxecto EC4RURAL en coordinación coa Universidade de Vigo e FEGAMP. A Pobra do Brollón é un dos 22 municipios rurais galegos que participan en EC4RURAL, financiado polo programa LIFE.



RELACIONADO