Dende o Concello da Pobra do Brollón ofrecemos durante o mes de xuño un obradoiro de teatro para a rapazada de 12 a 16 anos.
Será a cargo de Noa Moreira coa idea de preparar a representación da revolta guímara que se realiza na Feira Guímara, a celebrar o sábado 12 de xullo. A representación conmemora a revolta do pobo guímaro contra as inxustizas do Conde de Lemos.
O obradoiro consistirá en varias sesións ao longo do mes de xuño. Os días e horarios acordaranse entre as persoas participantes.
Para participar hai que inscribirse antes do 30 de maio no teléfono 629865663.