Volve un ano máis o campo de voluntariado do Castro e Romaría de San Lourenzo, do 1 ao 12 de agosto 2025, financiado pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón.
As persoas participantes apoiarán os traballos arqueolóxicos no castro de San Lourenzo, parroquia de Cereixa, e a organización da Romaría popular que se celebra no propio xacemento.
Ademais, as voluntarias e voluntarios participarán en obradoiros de diversa índole relacionados coa tradición musical e a concienciación ambiental, e realizarán saídas a lugares de interese da contorna.
Actualmente, quedan 3 prazas libres. Podes consultar a lista de prazas libres aquí.