Pacios de Veiga acolle a primeira Foliada Guímara do ano

Pacios de Veiga acolle a primeira Foliada Guímara do ano

08 Maio 2025/concello/Cultura

Este sábado 10 de maio, o local social de Pacios de Veiga acolle a primeira Foliada Guímara de 2025.

As Foliadas Guímaras son unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón co obxectivo de descentralizar a programación cultural dinamizando as distintas parroquias, así como ofrecer un espazo no que o alumnado da Escola municipal de Música Samoeiro poidan poñer en práctica o aprendido durante o curso.

A foliada de Pacios comezará ás 20:30 horas e estará amenizada pola agrupación Érbedo. A Asociación Veciñal 'Arnado' de Pacios ofrecerá caldo, polo que se pide levar cunca e culler. Tamén haberá barra.

 

 

 

 

A foliada é de entrada libre e gratuíta. Os veciños serán os encargados de poñer a barra e ademais convidarán a un caldo, polo que dende a organización animan aos asistentes levar cunca e culler.



RELACIONADO