Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-25

Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-25

12 Maio 2025/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón participou no Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020.

Dito Plan foi aprobado na resolución do 19 de decembro de 2023 asinada pola directora xeral de Agader (DOG núm. 18 do 25 de xaneiro de 2024).

Ao abeiro do Plan, na Pobra do Brollón leváronse a cabo melloras nas estradas de acceso a Pousa (P.K.+0,000 a P.K.+0,395), Barrio (P.K.+0,000 a P.K.+0,415) e Rairos (P.K.+0,000 a P.K.+0,880) e no camiño na Estación (P.K.+0,000 a P.K.+0,400).

A achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para ditas melloras foi de 55.584,00 euros. O Concello da Pobra do Brollón achegou 11.672,64 euros.

 



RELACIONADO