O Punto Limpo Móbil comeza un novo percorrido polas parroquias a partir do 23 de marzo

O Punto Limpo Móbil comeza un novo percorrido polas parroquias a partir do 23 de marzo

16 Marzo 2026/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón, no seu propósito de respecto polo medio ambiente a partir dunha mellor xestión dos residuos xerados nos fogares, pon a disposición de toda a veciñanza un Punto Limpo Móbil que comezará o seu percorrido polas parroquias o luns 23 de marzo.

No Punto Limpo Móbil pódense depositar determinados refugallos para a súa posterior reciclaxe, tales como: pilas, medicamentos e os seus envases, lámpadas e tubos fluorescentes, aerosois, aceite usado de cociña, envases baleiros de pinturas, tóners e cartuchos de impresoras.

Este Punto Limpo Móbil será levado por todas as parroquias do Concello seguindo un percorrido lóxico para a súa operatividade efectiva. Situarase nos puntos previamente sinalizados e permanecerá unha semana en cada parroquia (ver calendario abaixo).

Dende o concello queremos pedir a colaboración da cidadanía facendo un uso correcto do Punto Limpo Móbil e coidando que se manteña en boas condicións para que toda a comunidade do Concello da Pobra do Brollón poida facer uso del.

Teñamos en conta ademais de que non se trata dun un servizo para residuos voluminosos.



RELACIONADO